MetalBIO constituíse inicialmente, no ano 2014, como unha rede galega de investigación de ións metálicos en sistemas biolóxicos. Para acceder aos contidos, información e actividades desenvolvidas pola rede galega pinchar na seguinte imaxe:

 logometalbiopequeno

 

 

 

 

 

 

Algunhas das iniciativas impulsadas por MetalBIO:

Premio de investigación MetalBIO

O Premio de Investigación MetalBIO ten como obxecto incentivar e promover a actividade científica e divulgativa entre o estudantado das universidades galegas, procurando avanzar na sensibilización sobre a importancia da investigación, en particular no ámbito da bioinorgánica e da bioquímica, como vía de progreso da sociedade. Prazo de presentación ata 10 de xullo. Perto de 1000 euros en premios e accésits. Consultar as bases.

 

MetalBIO promociona un curso de verán que pretende ser encontro entre empresas e universidade

A rede MetalBIO implícase na organización e promoción do curso de verán "Retos e oportunidades da industria de procesos químicos" da Universidade de Verán 2015. Este curso, que se desenvolverá na Facultade de Ciencias en Lugo do 20 ao 23 de xullo, procura identificar as necesidades de innovación na industria e proxectar a investigación universitaria como canle para avanzar no cumprimento destas necesidades. Conta coa participación de directivos e profesionais de compañías do sector (Bgal, Votorantim Cimentos, Alcoa, Feiraco, Ence, AMSlab, Xenotechs Lab, Galchimia), investigadores e axentes de innovación e transferencia de resultados. O prazo de matrícula está aberto do 11 de maio ao 10 de xullo.

 

 

MetalBIO organiza un seminario sobre as oportunidades de financiamento para investigación

Os días 8-10 de maio de 2015 presentaranse as convocatorias de ofertas do programa europeo Horizon 2020 así como outros programas internacionais, incluído as accións COST, Ciência sem Fronteiras, PEIN, etc.

 

 

  cartel simposio pequeno

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MetalBIO organiza o simposio científico “Ións metálicos en sistemas biolóxicos”

O 11 de novembro de 2014 celebrouse na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo (USC) un encontro científico dos grupos que compoñen a rede MetalBIO. O simposio constou de catro bloques científicos: Perspectivas en Química Bioinorgánica, Modelos Biomiméticos, Complexos Metálicos Funcionais e Ferramentas bioquímicas ao servizo da Bioinorgáncia.