MetalBIO é unha rede de excelencia de investigación constituída polos seguintes grupos:

 

Grupo USC1 Universidade de Santiago de Compostela

Agrupación integrada polos seguintes grupos de investigación:

AICMO. Grupo de investigación en Química de coordinación e Bioinorgánica. Investigación na análise da actividade biolóxica de complexos metálicos e organometálicos, estudios de procesos de desintoxicación de metais pesados, compostos con potencial actividade antitumoral e antibacteriana, estudo dos procesos enzimáticos dos metais en medios biolóxicos.

GIQIMO. Grupo de Investigación en Química Molecular e Estrutural. Identificación das interaccións supramoleculares en estado sólido, enxeñaría cristalina de co-cristais, principalmente referida á preparación e crecemento de co-cristais farmacéuticos e agroquímicos e ao estudo dalgunhas propiedades fisicoquímicas de interese farmacolóxico.

SUPRABIOIN. Grupo de Investigación en Química Bioinorgánica e Supramolecular, recoñecido como de referencia competitiva. Investigación en química supramolecular, helicatos cluster, novas rotas de síntese de complexos e estudo da actividade catalítica dos complexos metálicos e a determinación dos mecanismos de reacción destes procesos.

Grupo GI-1583. Ten unha vasta experiencia na síntese e identificación de complexos metálicos, investigación no deseño de rotas sintéticas para a obtención de ligandos funcionalizados, síntese electroquímica, química de carboranos.

Investigadores/as: Agustín Sánchez Díaz (coordinador), José Sergio Casas Fernández, Alfonso Castiñeiras Campos, María Luz Durán Carril, Isabel García Santos, Mª Soledad García Tasende, Ana María González Noya, Ángeles Sánchez González, José Sordo Rodríguez, Antonio Sousa Pedrares

Webs de contacto: AICMO, GIQIMO, SUPRABIOIN

 

Grupo UGR2 Universidad de Granada I

O grupo "Complexos de metais de transición con interese bioinorgánica e/ou terapéutico" (FMQ-283) posúe ampla experiencia en Química da Coordinación e Bioinorgánica, especialmente no estudo de interaccións entre complexos metálicos con biomoléculas. Os seus traballos iniciáronse co estudo de compostos antitumorais de paladio(II). Posteriormente evolucionaron cara o recoñecemento molecular entre quelatos metálicos e bases púricas ou nucleósidos sintéticos e a química supramolecular. Actualmente parte do seu labor céntrase, ademais, no deseño de radiofármacos baseados en xeles de viscosidade controlada para diagnóstico e terapia localizada.

Investigadores/as: Juan Niclós Gutiérrez (coordinador), Antonio Matilla Hernández, Josefa González Pérez

Web de contacto: BIOMEC

 

Grupo UGR3 Universidad de Granada II

As actividades investigadoras do grupo centráronse no estudo da síntese, caracterización estrutural e actividade de complexos metálicos de derivados triazolopirimidínicos fronte á Leishmaniasie e a enfermidade de Chagas así como a actividade antiparasitaria e antitumoral de complexos metálicos con ións lantánidos.

Investigadores: Juan Manuel Salas Peregrín (coordinador), Miguel Quirós Olozábal, José Manuel Méndez Arriaga

Web de contacto: FQM-195

 

Grupo UAM4 Universidad Autónoma de Madrid

O equipo investigador de Elena López Torres ten unha dilatada experiencia na química da coordinación de metais de transición e organometálicos dos grupos principais. Asemade, conseguiu establecer as condicións óptimas para preparar un elevado número de ligandos polidentados (tiosemicarbazonas e hidrazonas) contendo diversos heteroátomos adicionais, cun marxe moi amplo de reactividade fronte a ións metálicos. Os compostos de coordinación preparados presentan propiedades interesantes como bactericidas, anticanceríxenos ou precursores de radiofármacos para PET.

Investigadoras: Elena López Torres (coordinadora), Mª Antonia Mendiola Martín

Web de contacto: Complejos macroligandos

 

Grupo UEX5 Universidad de Extremadura

O grupo de investigación de "Química da Coordinación" da Universidade de Extremadura ten unha ampla experiencia na síntese e caracteriación estrutural de compostos de coordinación con ligandos de tiazolina ou tiazina. Recentemente temos centrado o noso interese na síntese e caracteriación estrutural de compostos de Pt(II) e Pd(II) con estrutura similar a coñecidos fármacos anticanceríxenos baseados en Pt(II), así como estudar a actividade citolóxica e apoptótica destes compostos fronte a diversas liñas celulares tumorais coa finalidade de poder establecer unha relación estrutura-actividade biolóxica.

Investigadores: Francisco Luna Giles (coordinador), Álvaron Bernalte García, Fernando Barros García, Emilio Viñuelas Zahínos

Web de contacto: Q_COORD

 

Grupo UJA6 Universidad de Jaén

No grupo de investigación da Universidad de Jaén temos ampla experiencia na síntese e caracterización de complexos metálicos con derivados de biomoléculas, empregando como centros metálicos Ag, Au, Rh, Ir e Re con interesantes aportacións en canto ao estudo das súas estruturas e da súa actividade biolóxica. Nos últimos dous anos, centrámonos en sintetizar complexos de manganeso e renio cuxos estudos preliminares parecen indicar que poderían actuar como moléculas liberadoras de CO (CORMs).

Investigadores/as: Sonia Jiménez Pulido (coordinadora), Miguel M. Moreno Carretero, Nuria A. Illán Cabeza, Francisco Hueso Ureña

Web de contacto: Coordinación interés biológico

 

Grupo UIB7 Universitat de les Illes Balears

Preténdese continuar a síntese de bases púricas e pirimidínicas modificadas, o estudo da química de coordinación ións metálicos do bloque d e os estudos estruturais que inclúen a análise exhaustiva dos diferentes patróns de recoñecemento (interaccións débiles) presentes, entre a que se incluirían as menos coñecidas anión-π e "lone pair"-π, tanto en sistemas modelo simples como en sistemas biolóxicos máis complexos. A selección de bases nitroxenadas convintemente modificadas, con aneis pirazólicos ou imidazólicos, pode conducir a compostos de coordinación poliméricos 3D (MOFs) de potencial utilidade en biomedicina, como nanomateriais porosos e catalizadores heteroxéneos. Tamén están desenvolvendo unha liña de investigación (Miquel Barceló Oliver) sobre riboswitch de vitamina B12 en microorganismos que provocan infeccións hospitalarias, co obxecto de deseñar novas accións ou de tipo antibiótico que afecten ao riboswitch indicado.

Investigadores: Ángel Terrón Homar (coordinador), Miquel Barceló Oliver, Juan Jesús Fiol Arbós, Ángel García Raso

Web de contacto: QUIMIBIO

 

Grupo UDC8 Universidade da Coruña

Carlos Platas Iglesias (Universidade da Coruña) ten unha experiencia recoñecida no campo da química de coordinación e a aplicación de complexos metálicos, especialmente complexos dos lantánidos, como axentes de contraste en imaxe por resonancia magnética e imaxe óptica. A actividade do grupo engloba o deseño e síntese dos receptores e os seus complexos metálicos, a súa caracterización fisicoquímica e a realización de estudos de imaxe por resonancia magnética in vitro.

Investigadores/as: Carlos Platas Iglesias (coordinador), Andrés de Blas Varela, David Esteban Gómez, María Teresa Rodríguez de Blas

Web de contacto: QUICOOR

 

Grupo UB9 Universitat de Barcelona

O grupo de Mecanismes de Reacció en Química Inorgànica de la Universitat de Barcelona ten unha ampla experiencia, recoñecida a todos os niveis, respecto ao estudo empírico dos mecanismos de reacción en disolución. O grupo presta especial interese aos efectos que producen, temperatura, presión e medio de reacción sobre os mesmos, daí o termo cinético-mecanístico que se acuñou para moitas das súas publicacións. Nos últimos anos o grupo estivo moi interesado no estudo das interaccións de esfeira externa que se producen nos compostos encontro previos a reaccións, tanto de substitución como redox.

Investigadores/as: Manuel Martínez López, Margarita Crespo

Web de contacto: Mecanismes

 

Grupo UVI10 Universidade de Vigo

O grupo QI5 da Universidade de Vigo centra o seu interese no deseño de complexos de renio como modelos dos derivados 99mTc con afinidade específica a biomoléculas relacionadas con determinadas enfermidades. Parte dos seus esforzos orientáronse tamén ao uso de sistemas metalosupramoleculares (polímeros de coordinación, MOFs) como sistemas capaces de portar fármacos capaces de producir a súa liberación en determinados estímulos.

Investigadores/as: Ezequiel Vázquez López (coordinador), Rosa Carballo Rial, Delfina Couce Fortúnez, Inmaculada Prieto Jimérez, Soledad García Fontán

Web de contacto: Química Supramolecular